miércoles, 6 de noviembre de 2013

O MAGOSTO

De novo outro outono, nenos, nenas e mestras de Infantil acercamonos á festa e tradición da nosa cultura galega coa celebración no cole do  MAGOSTO.





Preparamos as nosas cestas para votar as castañas quentiñas, e  acompañados polas cunchas cantamos....





Non chas quero
Non chas quero

Castañas de teu magosto.

Non chas quero
non chas quero
que me cheiran a chamosco.




 



 

 

 

 

 

Tamén fixemos colares de castañas, os zonchos. Gracias a Lucía, Pepa e Sabela unhas alumnas da ESO que sacrificaron un recreo para vir a nosa clase e axudarnos, foron moi boas mestras e tiveron mooooita paciencia.








 


 

 
  
Lembrade: A castaña é rica en vitaminas, mesmo asada non perde riqueza en vitamina C. Tamén é rica en potasio, ferro, manganeso, cobre, iodo, fósforo e calcio. Pódese comer preparada de moitas maneiras, probades?.