viernes, 5 de noviembre de 2021

Saída ao teatro dos nenos e nenas de Educación Infantil

 Este mércores os peques de Educación Infantil vivimos unha experiencia marabillosa!!!


Realizamos unha saída escolar á Casa da Cultura de Narón, donde asistimos a unha obra de teatro musical chamada "De aquí para alá" que foi interpretada por músicos profesionais coordinados por Lydia Botana, autora e directora de este gran espectáculo.

A obra narra en lingua galega o transcurso dunha bolboreta ao longo da súa metamorfose. Este pequeniño insecto vai viaxando a través de diversos países coma Brasil, Cuba, Xamaica, Os Balcáns, Estados Unidos, Galicia... nos que puidemos escoitar diferentes instrumentos coma o piano, a batería, o acordeón, as campás, etc.
Ademáis, tivemos a oportunidade de colaborar cos intérpretes, xa que nos fixeron partícipes ao longo de toda a obra mediante cancións, sons e movementos que capturaron a nosa atención por completo.

Desfrutamos moitísimo da experiencia, e a maiores diso, ao trasladarnos en autobús ida e volta, o certo é que foi una aventura completamente xenial que ben seguro habemos tardar en esquecer.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes e vídeos para que vexades o ben que o pasamos:














No hay comentarios:

Publicar un comentario