¡Puf! ¡Menudo día! Aínda estamos cansos hoxe.
A ruta elixida por as nosas señoritas foi:
Casa das ciencias: tivemos unha sesión de planetario onde coñecimos a unha estrela que se chamaba "Fugaz". Presentounos os planetas e outras estrelas amigas súas que formaban debuxos chamados constelacións.
Monte de San Pedro: Alí comimos , que xa era hora, estabamos todos mortos de fame e de sede.Facía un pouco de vento e calor. Tamen xogamos coas nosas mascotas a xogos de roda e outros ...
Plaza elíptica: É unha plaza que hai cerca do monte de San Pedro que está cheiña de xogos para nós
(Nonos deixaron ir ós xogos dos maiores que tiñan moi boa pinta) Xogamos e "descansamos".
(Nonos deixaron ir ós xogos dos maiores que tiñan moi boa pinta) Xogamos e "descansamos".
Percorrido por a cidade: Riazor(Opa Depor), Orzán , Torre de Hércules , castelo de "San Antón", e regreso pola autoestrada , na viaxe, algúns quedaron durmidos e cando fumos a merendar non querían saír do coche.
Área de servizo "Pausa": merenda e xeado, que xa levábamos todo o día pensando nel.Houbo quen se puxo feito unha peniña. Pero estaban tan bossssssssss.
E de novo ó bus para chegar a Pontedeume e ver como os nosos/as pais/nais respiraban aliviados ó vernos chegar. Sucios si , cansos tamén pero felices do día de troula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario