De novo outro outono, nenos, nenas e mestras de Infantil acercamonos á festa e tradición da nosa cultura galega coa celebración no cole do MAGOSTO.
Preparamos as nosas cestas para votar as castañas quentiñas, e acompañados polas cunchas cantamos....
Non chas quero
Non chas quero
Castañas de teu magosto.
Non chas quero
non chas quero
que me cheiran a chamosco.
Tamén fixemos colares de castañas, os zonchos. Gracias a Lucía, Pepa e Sabela unhas alumnas da ESO que sacrificaron un recreo para vir a nosa clase e axudarnos, foron moi boas mestras e tiveron mooooita paciencia.
Lembrade: A castaña é rica en vitaminas, mesmo asada non perde riqueza en vitamina C. Tamén é rica en potasio, ferro, manganeso, cobre, iodo, fósforo e calcio. Pódese comer preparada de moitas maneiras, probades?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario