O pasado venres todos os nenos e nenas de Educación Infantil visitamos o Belén do Liceo de Betanzos.
Para ir dende Pontedeume a Betanzos fixemos unha viaxe en bus na que algúns ían mirando todo pola fiestra, outros cantando e máis de un a piques estivo de quedarse durmido.
O Belén é moi grande, e para poder ver con tranquilidade e escoitar cómodos a historia do nacemento do neno Xesús, setámonos nunhas bancadas moi longas.
Estivemos moi atentos á historia, pero o máis interesante era ver cómo as figuras movíanse dun sitio a outro, cómo chovia, cómo baixaban os anxos do ceo, ou cómo os Reis Magos recorrían moito traxecto para adorar o neno Xesús.
No hay comentarios:
Publicar un comentario