Por isto reunímonos todos xuntos coas profes, para falar un pouco da paz, e para contestar a seguinte pregunta, que pensamos que é a PAZ?
As respostas que foron xurdindo anotánronse no encerado, e despois, as escribimos nunhas gotas que xuntas formaron a gran marea (no acto que celebramos todo o colexio xunto)
Tamén, escoitamos un fermoso poema de Gloria Fuertes que leva por título "Solo tres letras".
Despois, puxémonos a traballar. Dividímonos en grupos misturando a rapaces e rapazas de 3, 4 e 5 anos. Axudámonos uns aos outros e pasámolo xenial!
E para completar a nosa pomba invitamos as familias a engadir os seus nomes e a construír entre todos a PAZ.
Agardamos en fila no patio para firmar o "Manifesto pola paz" que leu unha compañeira, alumna de Ciclo, quedando así constancia do no acordo co que alí se di.
No hay comentarios:
Publicar un comentario