No noso Centro celebrouse o día da PAZ e.... como non, os nenos e nenas de Educación Infantil participamos nas actividades do día con todos os nosos compañeiros e mestras.
Javier e Mariana, dous profes, presentaron o día da PAZ, co lema A PAZ ESTÁ NAS TÚAS MÁNS. unha alumna da ESO leu un manifesto a favor da paz (para firmalo os que estén dacordo)
Un representante de cada clase saiu a pegar unhas mans decoradas con debuxos e palabras relativas a PAZ. Estas mans foronse elaborando en cada curso ao longo da semana.
Todos collidos das mans formamos unha gran roda, no patio descuberto, para soltar unhas pombas, mentres cantabamos a canción "Paz, paz" de Juanes.
Facendo referencia ao lema deste ano os nenos debuxaron a silueta da súa man e dentro unha pombiña, despois escribiron a palabra PAZ e decoraron libremente. Marcharon moi contentos coa manualidade para casa.
Pero antes de marchar..... rematamos a xornada bailando todos xuntos, celebrando que sabemos disfrutar en paz. Imaxinades que todos os días poideramos festexar que os seres humanos somos capaces de vivir en paz??