Para aproximarnos máis oa coñecemento desta enfermidade, os alumnos de Infantil e Primaria, tivemos a sorte de contar con dúas nais que fixeron unha representación de marionetas. Nela, explicaron algúns síntomas desta enfermidade, así como medidas de prevención, xa que é moi importante ser coidadosos para previr consecuencias negativas.
Tamén, trouxeron un conto e un folleto informativo para cada clase que facilitaranos unha maior comprensión da celiaquía.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
No hay comentarios:
Publicar un comentario