Os alumnos de E.Infantil e algúns pais e nais colaboradores animámosnos onte a seguir coa tradición cultural do noso pobo facendo un maio ó que lle puxemos : mirto, fiuncho, camelias, xesta, margaridas, calas... , e o levamos polas rúas do pobo cantando as cancións típicas destas datas: Manuel querido Manuel..., Angelitos somos... Maio entra de crego...
Foi moi bonito, xa que a xente maior cantaba con nosco lembrando cando eles facian os maios de pequenos.
Puxemos bandas"como debe de ser", coroas de flores, e levamos cestiñas para pedir :que maio sin pedir para "los adornos que cuestan los cuartos" non é un maio.
Todos queríamos levalo así que tivemos que facer turnos e ata os de 3 anos quixeron axudar.










