Todos os compañeiros de Infantil asistimos na Casa da Cultura a representación teatral do conto "O País dos mandóns", organizado polo Concello. A obra trata sobre a igualdade de xénero; conta como nun país as nenas, as mamás e as avoas tiñan que facer todas as tarefas e os nenos, papas e avós disfrutaban facendo o que querían. Unha nena revelouse ao "mandamais" e propuxo compartir as tarefas para que todos e todas poideran divertirse.
Fomos andando e ben escoltados, todo o camiño, por familias que nos acompañaron.
Disfrutamos moito, nenos e mestras, coa representación, rimos, cantamos, aplaudimos.....
¡Mirade, mirade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario