domingo, 27 de noviembre de 2022

Saída ao TEATRO (Novembro 2022)

 

A semana pasada os nenos e nenas de EI realizaron a súa primeira saída do curso.













Dita saída consistíu en ir ver unha obra de teatro ao Auditorio municipal de Narón.














O espectáculo titulábase
Carabela da compañía Galeatro.

Carabela conta a historia dunha cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena. O corazón a pilas da Nena de Plástico comeza a latexar con forza para coñecer o que hai máis alá dos peixes mutantes e dos paxaros choromicas e, sobre todo, para axudar a Carabela a saír da illa antes de que morra de fame.






No hay comentarios:

Publicar un comentario