domingo, 2 de noviembre de 2014

Magosto

O pasado mércores, todos os nenos e nenas de Infantil participamos da celebración do magosto no cole,  ¡a festa da castaña!!
Preparámonos para a ocasión: ensaiamos a  canción  "Tres castañas polo chan" (podedes escoitala no enlace); a debuxamos e coloreamos para aprendela.
Di así:
Ahi vai unha
ahi van dúas 
tres castañas polo chan
Unha é túa, 
outra é miña, 
outra é daquel rapaz. 

Preparamos os cucuruchos de papel para coller as castañas quentiñas, e chegou a hora!!!!...... a probalas.






¡FELIZ MAGOSTO 2014!

No hay comentarios:

Publicar un comentario