miércoles, 2 de mayo de 2012

Saímos co maio!!


Os alumnos de E.Infantil e algúns pais e nais colaboradores animámosnos onte a seguir coa tradición cultural do noso pobo facendo un maio ó que lle puxemos : mirto, fiuncho, camelias, xesta, margaridas, calas... , e o levamos  polas rúas do pobo  cantando as cancións típicas destas datas: Manuel querido Manuel..., Angelitos somos... Maio entra de crego...





Foi moi bonito, xa que a xente maior cantaba con nosco lembrando cando eles  facian os maios de pequenos.


Puxemos bandas"como debe de ser", coroas de flores, e levamos cestiñas para pedir :que maio sin pedir para "los adornos que cuestan los cuartos" non é un maio.
Todos queríamos levalo así que tivemos que facer turnos e  ata os de 3 anos quixeron axudar.

2 comentarios:

  1. Y que bien los pasamos los padres/madres y lo que les ha gusado a los niños que hicieramos "cosas juntos en el cole"

    ResponderEliminar
  2. Noraboa polo traballo destes pequerrechos, as familias e as profes. Foron uns valentes e que gañas lle puxeron!. Grazas por abrir a festa dos maios ben de mañanciña. (Algún espertou pendente do traballo que lle esperaba no cole).Seguro que sorprendestes a todos pola vila.

    ResponderEliminar